PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
BLOG JAVI VAZQUEZ
Javi
Vázquez
Emprendedor en TIC
Os roles do CIO e o (posible) CTO de Obama
¿Quen serán a persoas responsables das TIC na Xunta?
Levamos anos escoitando aos políticos falar sobre a importancia das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) para o avance da economía e a sociedade. Non é causalidade, a inversión en TIC foi responsable dun elevado porcentaxe do aumento do PIB da UE nos últimos anos. Porén, a súa importancia no se reflicte no organigrama dos organismos públicos: ¿sabemos que foi ou quen será o responsable máximo das TIC na Xunta?
 18.04.2009 | 14:39

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

A realidade é teimuda, as tecnoloxías son unha prioridade nos discursos, pero o analfabetismo tecnolóxico (e dixital) da inmensa maioría da clase política -quen xestiona o ben común da sociedade na que vivimos-, impide un compromiso real: non se pode apostar polo que non se coñece.

Ao outro lado do “charco”, nos USA, a crise e perigo real sobre a subsistencia da súa sociedade de benestar levou os estadounidenses a apostar por unha alternativa inconcebible a priori: un presidente negro, alonxado dos lobbies tradicionais, comprometido coa transparencia e a participación cidadá a través dun uso intensivo e intelixente da tecnoloxía.

Obama levou a súa disruptiva fórmula máis aló da campaña, e os nomeamentos do seu CIO (responsable de sistemas de información) e posible CTO (responsable de tecnoloxías) confirman o seu compromiso.

No blog de O'Reilly podemos recoller opinións tanto do xa CIO, Vivek Kundra, coma do máis que posible CTO, Anees Chopra. Son rock stars, cunha experiencia aliñada coas máximas da campaña de Obama: transparencia, software libre, innovación, estándares abertos...

A maiores, traduzo libremente do inglés o rol de cada un deles:

“[...] As responsabilidades do CIO son a utilización das tecnoloxías da información para transformar a maneira na que o goberno opera. O CTO desenrolará a estratexia nacional para usar as tecnoloxías de forma que transformen a economía e a sociedade, promovendo a innovación do sector privado, reducindo costes administrativos e errores médicos, e utilizando a tecnoloxía para mudar a forma na que profesores e alumnos aprenden. [...]”

O CIO da Xunta tería que facerse cargo do reino de taifas actual, creado pola falta de interese na tecnoloxía do anterior goberno do PP, e cambiado so lixeiramente pola dupla PSOE+BNG (coa loable excepción da dirección xeral de Veiguela e o PEGSI). O CTO, debería liderar a política tecnolóxica do País, facendo fincapé na sanidade e na educación, con propostas de evolución radical sobor do actual dispendio de fondos públicos.

Non é unha cuestión de partidos, senón de persoas e a súa posición no escalafón dos mesmos. ¿Teremos os equivalentes aos CIO e CTO de Obama na Xunta? E no caso de habelos, ¿vánselle otorgar os galóns a persoas coa valentía e descaro necesarios para enfrontarse á ignorancia tecnolóxica dos nosos políticos?

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río