PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
DEMANDAS DE AGESTIC A FEIXÓO
A patronal TIC pídelle ao PP xuntar competencias

Redacción .  Unha única dirección xeral debe controlar eidos como e-administración ou telecentros, argumenta López Bourio.

Reloxo 14.04.2009 | 07:08
TAGS: internet , PP , AGESTIC , TIC ,

O presidente de Agestic, José María López Bourio, O presidente de Agestic, José María López Bourio,

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

O presidente da patronal das empresas tecnolóxicas do país, AGESTIC, Xosé Maria López Bourio,  manifestou que a súa organización pide tres cousas ao novo goberno da Xunta. A primeira é contar cunha única Dirección Xeral con plenas competencias na Sociedade da Información, infraestruturas, cidadanía dixital, e-administración, pemes, telecentros, alfabetización, etc. “Unha única Dirección Xeral que fixe o rumbo coa colaboración e a opinión do sector”, reclamou Bourio no curso da presentación da Fundación Tecnoloxía Social, dedicada á inclusión de persoas con discapacidade nas Tic.

Cómpre lembrar que o programa electoral do PPdeG, ao igual que o do BNG, xa apostaba por centralizar nun só departamento a política tecnolóxica da Xunta. Durante o bipartito foi a Consellería de Industria quen liderou este subsector, pero outros departamentos mantiñan competencias sectoriais, caso da Presidencia e os telecentros.

A segunda demanda da patronal é conseguir a universalización do servizo de acceso a Internet a alta velocidade en toda a xeografía de Galicia. “Débese de cumprir o PEBA –o plan do Estado para espallar a ADSL–urxentemente e que non suframos os graves de problemas de conectividad actuais. Hai máis de 500.000 galegos en exclusión dixital”, denuncia AGESTIC.

A terceira, campañas de información de “que son e para que serven as Tic”. “Os cidadáns e en especial as micropymes e os autónomos nun número superior aos 125.000 aínda están atrasados no seu uso, e iso podería significar unha resposta empresarial ante a crise, que mellorase a competitividade”, argumenta Bourio.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río