Redacción . O PPdeG fecha filas ao redor do deputado Agustín Hernández, un dos candidatos a ser o próximo conselleiro de Política Territorial. Alfonso Rueda, número dous dos conservadores galegos, defendeu que a actuación do seu compañeiro 'é totalmente legal, e tanto Méndez Romeu como Touriño o saben perfectamente''.
Rueda critica a apertura dun expediente a Hernández, tamén deputado do PP, por vulnerar a lei de incompatibilidades
1 / 2
Refírese Rueda ao expediente que lle acaba de abrir a Xunta a Hernández, quen foi contratado por unha firma da construtora Puentes y Calzada despois de ser director xeral na Consellaría de Política Territorial no último executivo de Manuel Fraga. O presidente da Xunta asegurou hoxe que Hernández vulnerou a lei que lles impide aos altos cargos ser contratados por empresas as que lle realizasen adxudicacións mentres traballaban na administración.
Pola súa banda, Agustín Hernández asegurou que non ten polo momento certificación algunha da apertura deste expediente, aínda que dixo ter ''a certeza que que cumprín escrupulosamente a lei'' e mostrouse sorprendido pola noticia.
O deputado 'popular' é un dos homes de confianza de Nuñéz Feixóo e o seu nome barállase como titular da Consellaría de Obras Públicas.
Rueda denunciou que ''actitudes como esta demostran que a desvergoña deste Goberno non ten limites'', e volveu insistir en que o bipartito aínda non asumiu a súa derrota electoral.
Descargar Tarifas