PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Dotado con 3.000 euros e a publicación
O Lueiro Rey, para An Alfaya

Redacción .  O XVI Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta foi recaeu en 'Area quente', da escritora viguesa, que foi a escollida polo xurado entre as tres que chegaron á final.

Reloxo 07.04.2009 | 13:41

An Alfaya An Alfaya

O xurado, integrado por Manuel Quintán Suárez (como presidente), Ramón Caride, gañador da edición anterior, o crítico Armando Requeixo, os profesores Ánxela Gracián e Francisco Martínez Bouzas, e o concelleiro de Cultura do Grove, Antón Mascato, como secretario sen voto, recomendará tamén a publicación doutras dúas obras das presentadas.

Valorou que na obra recréase "un mundo onde os silencios e as sombras son o camiño para a procura da identidade propia", un espazo mítico "habitado por uns personaxes que a autora caracteriza con fondura e extrema lucidez". A diferenza do ano pasado, cando a novela de Caride despuntaba claramente, nesta ocasión a escolla estivo difícil entre tres finalistas.

María dos Anxos Alfaya (Vigo, 1964) estudou na Escola de Formación do Profesorado de Vigo, e Criminoloxía e detective privado na Complutense de Madrid. É cofundadora do Teatro Avento de Vigo e obtivo  diferentes premios de teatro infantil: ¡Sireno, Sireno! levou o Merlín no 97, Zoa e Azor foi finalista do Ala Delta, A sombra descalza, Lazarillo de literatura infantil e Premio Xosé Neira Vilas no 2006, e Illa soidade, Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil ao ano seguinte.

Escribiu tamén O maquinista Antón (1995), O caderno azul (1996), A recortada (1999), Bua Bua Requetebua (1999), O baúl de Wensel (2000), A estrela volarina da torre colarina (2001), Down (2001), o conto "A muller prohibida", incluído en Historias para calquera lugar (2001), A encontadora (2003), O escuro (2003), A buguina namorada (2003), Desventura (2003, para público adulto), Unha xanela para Cecilia (2005), Matei un home (2005), accésit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003, e Os seres con raíces na cara (2006).

Narrativa en doses pequenas
O Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey é un premio literario convocado polo concello do Grove dende 1992.

Nun principio era un certame literario que prevía dúas modalidades: narración curta (para maiores de 18 anos) e narración xuvenil. A extensión dos orixinais modificouse nas primeiras edicións e a partir da IV faise constar na acta de xurado a vontade de que o premio tivese continuidade nos anos seguintes.

Na V convocatoria o certame pasa a ser monolingüe en galego e redúcese a unha única modalidade sen requisitos de idade. Na VII edición muda a súa especialización substituíndo a de "narración curta" pola "novela curta".

Obras gañadoras nos últimos anos:

  • 2007: O frío azul, de Ramón Caride Ogando
  • 2006: Canícula, de Mariña Pérez Rei (finalista: Aínda, de Xavier Franco Alonso)
  • 2005: Xullo-Agosto, de Manuel Riveiro Loureiro (finalista: Licor de abelá con xeo, de Xurxo Sierra Veloso)
  • 2004: A xeira das árbores, de Teresa Moure
  • 2003: Ácaros verdes, de Pilar Buela
  • 2002: O mono no espello, de Xabier López López (finalista: Como levar un morto, de Xesús Rábade Paredes)
  • 2001: Breve crónica universal da clase obreira, de Santiago Jaureguizar
  • 2000: Velada do billarista, de Manuel Darriba
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río