PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
BLOG ANA MIRANDA
Ana
Miranda
Política
Continuamos con aquel alfabeto iniciado hai uns meses coa apertura deste blogue
C, de Crise
Dende Ortegal ao Miño, dende Québec a Madagascar, dende India a Paraguay, a crise económica está provocando fortes consecuencias mundialmente, que só están mostrando o principio do fin dun ciclo. O sistema capitalista de última imposición, baseado na cultura do fume, do diñeiro fácil, da degradación ambiental sen custos penais, da especulación urbanística e inmobiliaria sen control, está na fin dun ciclo, máis resístese a morrer. Na súa lenta agonia, deixa despedimentos, peches de centros de produción, familias sen recursos, depresións, violencia, alteracións da moedas e dos sistemas financieiros estábeis.
 13.04.2009 | 19:20

Unha crise provocada por uns poucos e consentidas por máis, como afirmaba o autopresentado líder dos paises emerxentes na reunión do G-20, o presidente do Brasil. A crise dos invisíbeis que se refuxian nos paraísos fiscais, nas contas clandestinas, no tráfico de armas e drogas, na merca de capital volátil; a crise da ruindade coa especulacións cos produtos básicos no mercado de valores, que está a provocar a subida dos cereais por exemplo cunhas consecuencias devastadoras en continentes como Africa, Asia, e con inminencia en América Latina, xa afectada pola falla de envio de remesas dos seus emigrantes. Estes culpábeis sen nome, que se agochan en sociedades ocultas, son os causantes da fame, dos despidos e das graves consecuencias nas vidas de moitas sociedades. É a crise provocada por uns poucos e que pagaremos todos e todas. Outros exemplos das consecuencias desta crise, van ser, se non se evitan, as consecuencias sobre os servizos públicos e sobre servizos básicos para a cidadania (auga, electricicidade, educación, vivenda, transporte).

A metade dos paises da Unión Europa, en profunda recesión.  En Galiza sectores como o naval, o téxtil e o automobilístico por exemplo, e toda a industria paralela que moven, a pesca cos custos que está traendo o prezo dos combustíbeis, ou a agricultura, van verse moi afectados se non reaccionamos como debe de facerse. No caso do sector naval, xa diminuído nas posibilidades de desenvolvimento por incongruentes decisións comunitarias, cómpre unha reactivación inmediata para evitar maiores consecuencias na poboación e área afectada por unha ainda maior diminucións das posibilidades de produción. A economia sen rostro, soltou o veleno que se estendeu polas redes globalizadas como un pesticida incontrolado, como unha praga de escorpións devoradores. No noso marco produtivo, legal e económico, cómpren decisións fortes e urxentes, consensuadas cos axentes sociais, tanto na Galiza, no Estado como na Unión Europea, que agocha un ollar cómplice con decisións como a inxección económica ás grandes empresas no caso da crise, que non favorecen o cidadán medio, a pequena e mediana empresa que representa o 70 por cento dos empregos europeos, nin que dicir, a nacións como a nosa, que por riba, vense afectadas por situacións periféricas.

Fálase moito de Irlanda, mais este pais que foi modelo estes anos para moitas economias, tamén vai sufrir graves consecuencias. Pola contra, paises que investiron en educación e servizos sociais e en I+D+i van sufrir menos, como o caso de Finlandia.

En Galiza, onde foi iniciado ese cambio que se veu frustrado o 1 de marzo, outro factor suma, que é o envellecemento da poboación, e tamén o feito de que siga emigrando xente nova, sen pausa e posibelmente en aumento con estas situacións. Debemos estar alerta a estes feitos, e elaborar diálogo social non só no económico. Porque esta crise tamén ten outras dúas vertentes, a ecolóxica, a que lles regalou impunidade a empresas, barcos e sumidoiros públicos e privados a ensuxar os nosos rios, mares e espazos protexidos, a que permitiu construír a pé de costa, ou nos casos de países que se converten nos vertedoiros dos paises ricos. E un terceiro elemento que é a crise de valores, de modelo civilizatorio, impositivo, uniformizador, da incultura efémera e volátil e a sociedade de consumo como epicentro da relación humana. Polo tanto, esa reinstalación da construción dunha nova sociedade en Galiza tamén pasa pola restauración do diálogo económico e social, por abrir e participar a sociedade nos problemas que nos afectan a todos e a todas. Porque os problemas globais xa chegan dende Ortegal ao Miño e se non adoptamos unha estratexia común socialmente integradora e noo illada, a crise ainda vai dividir máis.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río