Redacción . Xavier Losada, alcalde socialista da Coruña, xa ten bitácora oficial que, ademais, incorpora vídeos.
Malia que o político do PSdeG define a súa bitácora como o “blog de todos os coruñeses”, polo de agora a páxina só recolle entradas en castelán, sen presenza algunha do galego. Losada é un dos políticos galegos cunha maior presenza audiovisual na rede. E é que ademais da súa web oficial e da nova bitácora, javierlosada.es, o rexedor aparece a miúdo en coruña.tv a televisión por internet do concello herculino.
Xavier Losada, alcalde da Coruña, na primeira entrada do seu videoblog.
No seu blog estreado o xoves, Losada dá conta sobre todo dos actos da súa axenda, como a visita ao Porto Exterior, e ten activada a posibilidade de deixar comentarios.
Descargar Tarifas