PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Aposta só por 'actuacións puntuais'
Solbes descarta unha recapitalización xeral das caixas

Redacción .  O vicepresidente segundo do Goberno e ministro de Economía e Facenda, Pedro Solbes, non ve necesaria unha recapitalización xeral das caixas de aforro españolas senón unicamente 'actuacións puntuais' cando a situación o esixa.

Reloxo 03.04.2009 | 12:04

O ministro español de Economía, Pedro Solbes, en Bruxelas O ministro español de Economía, Pedro Solbes, en Bruxelas. CE

Á entrada da reunión informal de ministros de Economía da Eurozona, Solbes rexeitou de cheo unha recapitalización xeral das caixas españolas, pero prognosticou “algunhas actuacións puntuais no seu momento cando se expoñan”.

En todo caso, o vicepresidente confirmou que "o Goberno está a traballar nun fondo" para acudir ao rescate de entidades pero deixou claro que este fondo se centrará en "esas recapitalizacións individuais" e non se aplicará de xeito  xeneralizado, segundo informa elEconomista.

O Executivo central saíu o pasado domingo ao rescate da primeira entidade financeira tras o estalido da crise, aprobando un real decreto lei polo que se autoriza a concesión dun aval do Tesouro ao financiamento que outorgue o Banco de España, por un importe máximo de 9.000 millóns, a favor de Caja Castilla La Mancha, para facer fronte aos seus problemas de liquidez.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río