Redacción . O ingrediente activo presente na marihuana parece reducir o crecemento de tumores, segundo un estudo español publicado na revista científica 'Journal of Clinical Investigation'.
Os investigadores demostraron que darlles THC a ratos con cancro diminuía o crecemento dos tumores e mataba as células, nun proceso chamado autofaxia. "Os nosos achados apoian que poden conseguirse doses seguras, terapeuticamente eficaces de THC para pacientes de cancro", escribiron na revista Journal of Clinical Investigation Guillermo Velasco, da Universidade Complutense de Madrid, e os seus colegas. Os descubrimentos súmanse ás probas, en diversas direccións, sobre os efectos da marihuana na saúde humana. Algúns estudos suxiren que esta droga pode aumentar o risco dunha persoa de sufrir un ataque ao corazón ou unha apoplexía e que pode causar cancro. Outros investigadores demostraron beneficios como o atraso da aparición do Alzheimer, e moitos médicos pensan que o THC é unha forma valiosa para tratar a perda de peso asociada coa sida, así como tamén para as náuseas e vómitos asociados coa quimioterapia nos pacientes de cancro. O estudo de Velasco e o seu equipo incluíu a análise de dous tumores en dúas persoas cun cancro cerebral altamente agresivo, que mostrou signos de autofaxia logo de recibir THC. Os investigadores sinalaron que os seus descubrimentos poderían achandar o camiño aos medicamentos contra o cancro baseados en cannabis, a pesar de que esa estratexia non tivo éxito en materia de obesidade. Sanofi-Aventis SA abandonou en novembro no desenvolvemento de Acomplia, o seu fármaco contra a obesidade baseado en cannabis, mentres que Pfizer Inc, Merck.
Plantación de cánabo
Descargar Tarifas