PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
BLOG ANA MIRANDA
Ana
Miranda
Política
Eleccións europeas (II)
A concorrencia do BNG en coalición con ERC cinxe o Bloque cos seus aliados da Alianza Libre Europea. Volve espertarse a ilusión de ter eurodeputado propio.
 01.04.2009 | 18:01

Ana Miranda, no centro, xunto aos estudantes galegos que visitaron o parlamento europeo o 1 de abril Ana Miranda, no centro, xunto aos estudantes galegos que visitaron o parlamento europeo o 1 de abril

De 732 membros do parlamento europeo en 2004, a 785 na actualidade, coa redución que vai provocar a 736 a aplicación do Tratado de Niza, a presenza das nacións sen Estado tórnase máis necesaria que nunca.

Hoxe sain de casa, deixei a nena na escola e viñen para o traballo, a facer política defendendo o BNG en Bruxelas como fago en solitario dende o 2004. Logo fun a unha reunión coa presidenta dos Verdes-ALE Monica Frassoni, pois quería ver o escenario que se abría para o BNG e para a ALE coa proposta de onte da Executiva Nacional. Despois presentei as últimas perguntas parlamentares que faremos cos eurodeputados do PNV e CIU, sobre a protección da costa galega, e das piscifactorias que o PP quere reactivar en zonas da Rede Natura 2000. Despois fun recibir un grupo de estudantes galegos da Escola de Traballo Social de Ourense, da Universidade de Vigo, 43 mozas e mozos que viñan visitar un parlamento que tamén é deles e falamos da necesidade de que esta cámara amplíe competencias. Pola tarde, o presidente do Grupo Verdes-ALE, o noso grupo, Daniel Cohn-Bendit,  e candidato dos Verdes en Francia, convidoume a ir ao debate que vai ter, man a man con Declan Danley, o lider de Libertas.

Porque a diferenza do que se pense, aquí faise política e moita, en cada momento, en cada contacto, en cada xesto ou cada reunión. Non se fai traballo administrativo senón político, ou polo menos, a isto me adiquei estes últimos catro anos, coa solidariedade do PNV facilitando que o BNG puidese ter esta representación sen escano, pero representación ao fin e ao cabo, e coas relacións políticas que conseguín en nome do nacionalismo galego poder defender, manter e abrir, perante as institucións da UE, no propio parlamento preparando iniciativas políticas, axudando na parte nacionalista do goberno galego de xeito indirecto nos temas europeos e na súa presenza en Bruxelas (un exemplo foi a xestión da entrevista do conselleiro de Industria, o apreciado Fernando Blanco, co comisario xeral de Competencia, para defender a construción naval galega, estas cousas non nacen soas... senón de estar aquí permanentemente, constantemente movéndose non entre os papeis senón nos corredores comunitarios... Galiza existe, nós representamos a Galiza en Bruxelas ainda nestes cinco anos, e tocoume a min facelo en nome do BNG, sen complexos e sen parar durante este lustro. Mantendo as relacións con Galeuscat no proprio Parlamento Europeo e tamén mantendo vivas as relacións coa Alizanza Libre Europea (ALE), o partido político ao que pertence o BNG e os seus partidos membros. E qué útil foi iso, dime agora a presidenta da ALE, a flamenga Nellly Maes, de quen recibin unha chamada hoxe a primeira hora da mañá, felicitándonos porque partidos membros da ALE como ERC e o BNG poidan concorrrer xuntos. Esta nova e valente via que propón a Executiva Nacional do BNG pode posibilitar o noso retorno oficial, e recalco, oficial, ao Parlamento Europeo.Se se pregunta na sociedade galega quen son os eurodeputados e eurodeputadas galegas, moita xente tería dúbidas, pero curiosamente, que fixeron estes anos máis que traballo administrativo? Trátase de facer política de esquerdas, de nación, de xénero, de desenvolvemento e protección do medio ambiente, e de defensa dos dereitos humanos. Por iso, só o BNG poderemos defender a construción dun modelo alternativo en Europa, pois vemos que o existente rachou o paradigma neoliberal, e temos que ser nós quen decidamos por nós mesmos, en todo tipo de materias que afectan ao vivir cada dia, e nun contexto de crise. Porque o que interesa defender en Bruxelas é a nosa presenza e a defensa como nación. Por iso creo que o acordo estratéxico e táctico para as eleccións europeas entre partidos da ALE, é unha vía que non impide seguir mantendo boas relacións cos outros partidos e actuando conxuntamente nos temas do Estado que se precise coordinación e estratexia. O que precisamos en Europa son deputadas e deputados nacionalistas e soberanistas metidos en todos os grupos políticos europeos. Porque se non o facemos no Parlamento, o resto das institucións condicionan as nosas vidas con políticas de visión estatal.

Despois de rematar o traballo político de hoxe, irei a pola nena á escola. Como fan Sandra, Vero, Marta, Jane, Marie, outras nais europeas, ás presas, ás presas.

 

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río