Redacción . Chuza!, a rede social galega de noticias, acaba de 'colar' unha das inocentadas máis sonadas da internet galega. Hoxe, día 1 de abril, no que se celebra o día dos inocentes en Galicia e noutros moitos países (o dito popular di 'o 1 de abril, cando van os burros onde non deben ir'), publicou un falso burofax no que a Xustiza pecha o portal por mor de 'apoloxía' do nazismo.
A broma tivo éxito en varios medios. Así, por exemplo, a edicción dixital de a La Voz de Galicia inclúe neste intre, 13.25 horas, a noticia na súa portada. La Voz reproduce un teletipo da Axencia EFE, que tamén caeu no engano de Chuza!. Chuza!, creada por Berto Yañez, é a rede social máis popular en Galicia. Aplica a filosofía da web 2.0, pois son os usarios os que proporcionan os contidos. É dicir, envían as noticias, coméntanas e vótanas, en función do cal se xerarquizan neste portal informativo.
La Voz recolle como certa a broma de Chuza! sobre o seu feche
Descargar Tarifas