PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Cun recital e concerto
A AELG homenaxeará a Ramiro Fonte en Vigo

Redacción .  A Asociación de Escritores en Lingua Galega organiza a homenaxe ao escritor para o próximo 17 de abril, ás 19.30, nas instalacións da Fundación Caixa Galicia de Vigo.

Reloxo 01.04.2009 | 11:21

Ramiro Fonte Ramiro Fonte. Paco Vilabarros

O acto que organiza a AELG contará coa actuación do Grupo Instrumental Siglo XX, e tamén cun recital póetico en que intervirán X.M. Álvarez Cáccamo, Manuel Álvarez Torneiro, Ignacio Chao, María do Carme Kruckemberg, Xulio López Valcarcel, Gonzalo Navaza, Román Raña, Xavier Rodríguez Baixeras, Cesáreo Sánchez Iglesias e Xavier Seoane.

O escritor galego faleceu o pasado 11 de outubro, aos 51 anos, vítima dun cancro. Licenciado en Filosofía e Letras e profesor de Lingua e Literatura Galegas, foi poeta, narrador, ensaísta e crítico, membro da Real Academia Galega e director do Instituto Cervantes de Lisboa. Nado en Pontedeume no 1957, foi fundador do colectivo poético Cravo Fondo, a finais dos 70.

Deuse a coñecer co seu primeiro poemario no 83, As cidades da nada. O ano seguinte obtivo o Premio da Crítica de Galicia e o Losada Diéguez de creación con Designium, e no 88 tería o da Crítica española con Pasa un segredo. Obtivo o Esquío no 91 con Adeus norte, e o Miguel González Garcés con Mínima moralidade, no 98. Outros poemarios seus foron Pensar na tempestade (1986), As lúas suburbanas (1991), Luz do mediodía e Persoas de amor, no 1995, O cazador de libros (1997), Capitán Inverno (1999), A rocha dos proscritos, 2001, e, no 2008, Reversos e Xardín do pasatempo.

Co seu relato "Retornado", no 96, obtivo o Premio Pedrón de Ouro. Antes escribira Catro novelas sentimentais (1988), As regras do xogo e Aves de paso, no 90, Os leopardos da lúa, no 93, e Soños eternos, no 94.  Comezou unha nova etapa no 2003, con Os meus ollos. No 2004 virían Os ollos da ponte, e no 2007, A ponte nos ollos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río