PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Medida que provoca a ira do PP
As Baleares fomentan o deporte en catalán

Redacción .  O borrador do Plan de Normalización Lingüística do Govern balear recolle subvencións ás federacións deportivas se empregan o catalán.

Reloxo 31.03.2009 | 17:35

Natación sincronizada Natación sincronizada O Plan de Normalización Lingüística das Baleares pretende promover "campañas e promocións de dinámicas de uso monolingüe en catalán das publicacións, materiais promocionais e outras edicións propias das referidas asociacións para evitar o bilingüismo do sector". Esta medida provocou a ira do PP. A deputada autonómica Catalina Soler cualificou de “moi grave” que o Govern “evite” que nas federacións deportivas das illas se empregue o castelán.

O borrador recolle como requisito para recibir subvencións que as asociacións, federacións e clubs deportivos “usen a lingua catalá”.

Soler rexeita que o deporte "en ningún caso sirva para promocionar só o uso do catalán nun país onde o Estatuto de Autonomía e a Constitución defenden que as Illas son unha comunidade con dúas linguas oficiais e, xa que logo, recoñécese o dereito a expresarse en calquera das dúas".

Pola súa banda, o conseller de Deportes, Mateu Cañellas, mostrouse partidario de "reforzar" o uso do catalán, á vez que recordou que nas competicións na Península e no estranxeiro os deportistas empregan ou o castelán ou outros idiomas. "Intentar defender o catalán e que sexa unha lingua vehicular non significa loitar contra o resto de linguas", argumentou.

"Non queremos pór trabas. Temos unha lingua que debemos protexer e procurar que teña o máximo uso cotián, pero isto non significa que se ataque nada", engadiu.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río