PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
Sen contrapartidas a nivel estatal
O PSdeG cédelle ao BNG un posto na Mesa da Cámara

Redacción .  Os nacionalistas poderán cun membro na Mesa do Parlamento durante a VIII Lexislatura ao chegar a un 'acordo político' co PSdeG, que lle cedeu o posto de vicesecretario da Mesa da Cámara.

Reloxo 31.03.2009 | 14:00
TAGS: Psdeg , bng , cámara , parlamento , mesa ,

Membros da Mesa do Parlamento na VII Lexislatura Membros da Mesa do Parlamento na VII Lexislatura. Otto/AGN O BNG contará con representación na Mesa do Parlamento logo de que o PSdeG decidira cederlle un dos seus dous postos. Á saída da reunión entre ambos os grupos parlamentarios, tanto Ricardo Varela –que estará na Mesa como vicepresidente segundo–, como Carlos Aymerich –que será o portavoz do grupo do BNG–, subliñaron que este pacto se estenderá a outros órganos que se constitúen en función da representación parlamentaria.

Por outra banda, ambos rexeitaron que o acordo leve aparellada algunha contrapartida noutras negociacións e negaron que estea vinculado ao apoio dos dous deputados nacionalistas ao Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero nas Cortes do Estado.

Desta forma, na VIII Lexislatura que arrinca mañá coa constitución da Cámara, o PPdeG contará con tres postos na Mesa parlamentaria –Pilar Rojo como presidenta, Xosé Manuel Baltar como vicepresidente primeiro e Xosé Manuel Balseiro como secretario--, por un cargo exercido polo PSdeG e outro polo BNG.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río