Redacción . Na XVIII gala dos premios Irmandade do Libro, a pasada noite do sábado, no Carballiño, entregóuselle tamén o Premio a Xavier P. Docampo como Autor do Ano.
Marcos Calveiro e Xavier P Docampo, con cadanseu premio
O galardón á Obra do Ano foi para Festina Lente, de Marcos Calveiro, que competía co Premio Xerais (O xardín das pedras flotantes, de Manuel Lourenzo González), e Fin de século en Palestina, de Miguel Anxo Murado.
Por outra banda, a editora Alvarellos levou o premio á Obra Editorial, pola súa colección "Rescate", mentres as Bibliotecas de Oleiros foron recoñecidas polo seu labor de fomento da locura. O IES Blanco Amor de Ourense gañou entre os Centros de Ensino, a Asociación Cultural Rosalía de Castro, na categoría de Institucións, e a libraría Andel como mellor destes estabelecementos.
Descargar Tarifas