PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Foi un dos fenómenos recentes do audiovisual galego
'Pradolongo' estréase hoxe na TVG

Redacción .  Hoxe chega aos fogares galegos 'Pradolongo'. A longametraxe, dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada por Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto, estréase esta noite ás 22 horas na TVG logo dun intenso percorrido por todo o país.

Reloxo 31.03.2009 | 07:20

Escena de Pradolongo Escena de Pradolongo

Cando se cumpre un ano da súa estrea cinematográfica chega a pequena pantalla Pradolongo, o último traballo de Ignacio Vilar, producido por Vía Láctea Films. Chégase así ao cumio dunha traxectoria que contou cunha peculiar campaña de promoción, apoiada en internet e na presentación directa do filme da man do director e dos actores en preto de 200 institutos, coa que se acadaron máis de 60.000 espectadores.

Rodada en galego na comarca de Valdeorras, o filme narra unha historia de amizade e de iniciación na que se cruzan toda unha serie de inquietudes ecolóxicas e o amor na adolescencia. Contou ademais no elenco cun bo número de actores noveis, procedentes na súa maioría da zona.

No seu haber, Pradolongo suma xa diferentes premios, entre eles o Cidade de San Sebastián Film Comission, o Premio Especial do Festival de Ourense e o galardón á mellor banda sonora do Congreso Internacional de Música de Cine de Úbeda.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río