PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
O próximo mércores 1 de abril
Pilar Rojo será a nova presidenta do Parlamento

Redacción .  A arquitecta presidirá o Parlamento autonómico na VIII lexislatura, un cargo en que relevará a única muller que o ocupou na historia da Autonomía, a socialista Dolores Villarino.

Reloxo 28.03.2009 | 19:11

Pilar Rojo Pilar Rojo

Así o anunciou hoxe o Grupo Parlamentario Popular, os 38 deputados do cal apoiarán o seu nome o próximo mércores día 1 de abril, cando terá lugar a constitución da Cámara galega. A decisión foi adoptada polo líder do PPdeG e futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, despois de escoitar os deputados electos, os presidentes provinciais e o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda.

Despois de ler durante esta mañá as suxestións dos dirixentes populares, ás 18.00 Feixóo comunicoulle á propia Rojo, que ocupa un escano no hemiciclo dende 2001, a súa elección para a Presidencia da Cámara.

Nas autonómicas do 1 de marzo, Rojo ocupou o 'número 4' da lista do PPdeG por Pontevedra (a súa localidade natal) e na pasada lexislatura foi voceira xunta do Grupo Parlamentario Popular e voceira de Vivenda. Tamén foi membro da Comisión de estudio da Reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia e formou parte das comisións de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio e Servizos; e de Educación e Cultura.

Á marxe da súa experiencia parlamentaria, Rojo é a única conselleira do Goberno Fraga (dirixiu o departamento de Familia) que sobreviviu ao proceso de renovación das listas populares. Antes do seu nomeamento como conselleira, fora delegada provincial da Consellaría de Cultura.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río