PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
BLOG ANA MIRANDA
Ana
Miranda
Política
Galego na escola, dixo o Parlamento Europeo
O proxecto de relatorio sobre Multilingüismo para Europa, do político e intelectual portugués do Parlamento europeo Vasco Graça Moura, foi rexeitado hoxe na votación do informe na súa sesión plenar de Estrasburgo –que acabou hai un cacho–, aprobándose unha resolucióna alternativa apresentada por varios grupos políticos, que foi a que se finalemente foi aprobada e que rexeita as emendas do PP. Xa pode ir Luis Herrero coa cabeza baixa. Asi funciona a democracia. Un bon sinal do Parlamento Europeo cara ao PP, aqui e en Galiza.
 24.03.2009 | 13:15

O eurodeputado Luís Herrero O eurodeputado Luís Herrero

Dende hai máis dun mes, fixéronse moitas negociacións entre diversos grupos políticos europeos para preparar unha resolución alternativa á apresentada no informe de  multilingüismo de Vasco Graça Moura, fundamentalmente entre os eurodeputados dos grupos Verdes-ALE o nacionalista vasco Mikel Irujo (Eusko Alkartasuna) e o Raül Romeva (Iniciativa per Catalunya-Els Verds), os do Liberal e Demócrata  ALDE, os nacionalistas cataláns Ignasi Guardans (CiU) e o vasco Josu Ortuondo (PNV) e a catalá Maria Badia (PSC). Estes tres grupos europeos pactaron unha proposta alternativa que eliminaba os puntos conflitivos e discriminatorios do informe do portugués, inducidos polo PP español, informe aprobado en febreiro na Comisión de Cultura e Educación da Eurocámara, formulando na proposta alternativa hoxe aprobada que é "vital salvagardar  o multilingüismo nos países ou rexións nos que coexisten dúas ou máis linguas oficiais". Casos galego, catalán  e vasco sen ir máis lonxe. Suprime así o punto aprobado a iniciativa do eurodeputado Luis Herrero (PP), que dicia que ningún escolar poderá ser privado do ensino na lingua oficial do Estado", unha visión partidista e uniforme non respectuosa das realidades plurinacionais que por lei recoñecen no ensino outra situación.

As emendas do PP que pasaran hai un mes en comisión protagonizada por Herrero, eran unha crítica partidista á situación do Estado español, paradoxo puro, en casos como o galego que o propio PP aceptou no seu momento. Recoñocer o multilingüismo, é para nós, nacionalistas galegos e plurilingües por suposto, recoñecer a riqueza das nosas linguas, e polo tanto, consideramos un respecto tanto desta institución comunitaria, en base ao principio de subsidiaridade, que este informe fora modificado no sentido de respectar as realidades institucionalizadas.

Para empezar, coido que houbo moita fumareda con este informe que é non lexislativo, e polo tanto non vinculante, e que o PP aqui e alá e seus colecticos satélites, souberon aproveitar para usalo na campaña eleitoral galega, como que a UE estaba dando un informe negativo ao sistema educativo galego. Nada máis lonxe da realidade, a UE non ten competencias para abordar este tema, respecta que sexan decisións internas, e o único que pode apoiar son estratexias de complementariedade e programas de soporte, defensa e promoción das chamadas linguas minoritarias e rexionais.

Hai un mes xusto estivo aqui en Bruxelas Carlos Callón, presidente de A Mesa, e mantivemos xuntos unha serie de reunións con estes deputados e co propio relator do informe, e tamén co Comisario de Multilingüismo Leonard Orban, e por iso, tamén queremos celebrar hoxe este sinal progresista, e respectuoso, que de vez en cando e sobre todo pola presión polîtica e cidadá directa e indirecta, lanza o Parlamento Europeo, cara ás nosas realidades e legalidades como nacións. Agora, cando veña o comisario Orban en abril, comprometido con nós nese encontro a ver as galescolas, que pregunte por elas, a ver se chega a tempo antes de que lle muden o nome e o contido. Pasen bon dia e sigan sentíndose orgullosas e orgullos da nosa lingua, pero úsena, que até hoxe deuse aquí o sinal de que as linguas propias son unha riqueza popular e europea, común e que favorece o plurilingüismo.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río