PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Co gallo do 33 aniversario do golpe de estado
Amnistía Internacional homenaxea en Lugo a Dionisia López Amado, Nai da Praza de Maio

Redacción .  O grupo de Amnistía Internacional en Lugo celebrará hoxe unha homenaxe á galega Dionisia López Amado, 'Nisa', unha das primeiras integrantes das Nais da Praza de Maio e fundadora da Comisión de Familiares de Desaparecidos Españois na Arxentina, recentemente falecida.

Reloxo 24.03.2009 | 08:18

Dionisia López Amado Dionisia López Amado Así, coincidindo co 33 aniversario do golpe de estado que levou os militares ao poder na Arxentina, o gripo de Lugo de Amnistía Internacional proxectará ás 20.30 horas no salón de actos da Escola de Maxisterio a película 'Nais', do realizador arxentino Eduardo Walger.

Segundo explicou a organización, esta proxección realizarase como homenaxe a López Amado, que faleceu o pasado 29 de novembro en Buenos Aires aos 80 anos, logo de "unha loita incansábel pola verdade e a xustiza" e sen chegar a coñecer nunca o paradoiro do seu fillo Antonio e da súa nova Stella, que desapareceron o 15 de maio de 1976.

A película 'Nais' recolle o testemuño de dezasete nais da praza de maio, entre as cales se atopan catro pertencentes ao grupo orixinal que no 1977 se reuniu por primeira vez para desafiar a ditadura. A narración compleméntase ademais con fotografías e imaxes fílmicas da época.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río