PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
E tomar conciencia da situación da muller
ONGs galegas incluirán a perspectiva de xénero no seu traballo

Europa Press A Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGs presentou hoxe o libro 'Xénero e Desenvolvemento', un estudo realizado ao longo do pasado ano sobre a situación das mulleres en zonas empobrecidas e no que se aposta por incluír a perspectiva de xénero no traballo destas organizacións, así como tomar conciencia da situación da muller no mundo.

Reloxo 23.03.2009 | 14:12
TAGS: muller , pobreza , ONG ,

Un grupo de mulleres mauritanas Un grupo de mulleres mauritanas

Segundo explicou Aida Pérez, da ONG Solidariedade Internacional, as ONGs galegas consideran unha prioridade incluír a perspectiva de xénero nas súas actuacións, algo que considerou importante, xa que a promoción da igualdade entre homes e mulleres é "un dos oito Obxectivos do Milenio e unha prioridade transversal da cooperación española e galega".

O obxectivo é converter o documento nunha base para dinamizar e apoiar as perspectivas de xénero nas ONGs galegas e incluír este enfoque nas políticas públicas de cooperación.

Nesta liña, Aida Pérez consida que as organizacións galegas deben ter unha "sensibilidade especial" para a "erradicación das diferenzas de xénero" e ter en conta "como lle afecta a pobreza ás mulleres" de xeito "dobre", "tanto por causas económicas como pola desigualdade de xénero na que se atopan".

Instrumento teórico

Pola súa banda, Sandra Rodríguez, de Cooperación Pola Paz, matizou que o manual 'Xénero e Desenvolvemento' pretende ser "un instrumento teórico que propicie o debate sobre estas cuestións".

En concreto, o libro abarca a problemática da cuestión de xénero desde varios puntos de vista, desde unha perspectiva histórica, en relación coa pobreza e dun xeito intercultural.

Así mesmo, trata cuestións relacionadas coa situación da muller no mundo, como a mortalidade e a taxa de escolarización e alfabetización. En conxunto, pretende de ser "un documento de referencia para que as ONGs tomen conciencia da situación das mulleres".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río