PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Outorgado pola Federación de Libreiros
Xabier P. Docampo, premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano

Redacción .  A súa 'extraordinaria faceta creadora' e 'contrastada vocación de traballo en favor do libro e a lectura' foron as razóns que motivaron ao xurado dos XVIII Premios Irmandade do Libro para outorgarlle o galardón ao escritor.

Reloxo 20.03.2009 | 17:33

Xabier P. Docampo Xabier P. Docampo A Federación de Libreiros de Galicia tamén escolleu como obras editoriais do ano a tradución que Gonzalo Navaza fixo d'As flores do mal, de Baudelaire, publicada por Galaxia; a Guía das plantas de Galicia, de Edicións Xerais; e a Colección "Rescate", de Alvarellos Editora.

Como mellores libros do ano, escolleron Fin de século en Palestina, de Miguel Anxo Murado; Festina lente, de Marcos S. Calveiro (Xerais); e O xardín das pedras flotantes, de Manuel Lourenzo González, Premio Xerais de novela.

Premian tamén as librarías: a viguesa Andel, Porta da Vila, de Viveiro, e Libraría Paz, de Pontevedra. Os premios ao fomento da lectura foron para as bibliotecas públicas do Porriño e A Coruña e para a Asociación Cultural Lonxa Literaria, de Moaña.

Por último, premian as seguintes institucións: o Casino de Santiago, a Asociación Cultural IES Rosalía de Castro e o Liceo Recreo Ourensán; e na categoría de centros de ensino, o CEIP de Quintela, en Moaña; o CEIP San Martiño, de Salcedo (Pontevedra); e o IES Blanco Amor, de Ourense.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río