PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
A cambio de non repetir 'os erros do pasado'
A UE está disposta a acoller presos de Guantánamo

Redacción .  Os Estados Unidos propuxéronlle aos líderes da Unión Europea a adopción de medidas conxuntas para enfrontar o terrorismo e deixar de lado as divisións que se produciron por cuestións como a guerra do Iraq ou os abusos contra prisioneiros de Guantánamo. Representantes comunitarios negocian en Washington a acollida de presos do polémico cárcere norteamericano, situado en Cuba.

Reloxo 17.03.2009 | 08:42
TAGS: Iraq , Guantánamo , UE , EE UU ,

A proposición, descrita nos primeiros termos como unha idea clara, deriva das discusións entre ambas as dúas partes para que Europa acepte os presuntos terroristas retidos na prisión de Guantánamo, en Cuba.

Nada máis asumir a presidencia estadounidense, Barack Obama ordenou o peche da prisión situada na Bahía de Guantánamo no prazo dun ano e prometeu acabar coas técnicas de interrogación extremas, como o afogamento simulado, empregadas polas autoridades norteamericanas cos presuntos terroristas detidos no cárcere.

Segundo recolle elEconomista, o comisionado europeo de Xustiza e Seguridade, Jacques Barrot, declarou que os "Estados Unidos queren pasar realmente páxina (...) modificando os mecanismos que empregan na súa loita contra o terrorismo". Foi despois de varios encontros mantidos co fiscal xeneral dos Estados Unidos, Eric Holder, que está a supervisar o proceso de peche de Guantánamo.

A través un intérpetre, Barrot adiantou que "aceptarían recibir parte dos detidos só se se comprometen a non volver repetir os erros cometidos no pasado". Barrot e o ministro do Interior checo, Ivan Langer, en representación da Presidencia Europea, manifestaron que o vicesecretario de Estado norteamericano, James Steinberg, propuxo durante o encontro facer unha declaración conxunta sobre terrorismo.

"É unha proposta (...) para escribir conxuntamente o memorando de entendemento enunciando os principios que deberían inspirar a nosa loita común contra o terrorismo", declarou Barrot.

O Iraq e as súas consecuencias

Un gran número de gobernos europeos, entre os que destaca Francia e Alemaña, opuxéronse á guerra do Iraq en 2003 e á postura adoptada nesta cuestión polo entón presidente estadounidense George W. Bush, que era parte da guerra global contra o terrorismo lanzada por Washington tras os ataques do 11 de Setembro ás Torres Xemelgas de Nova York.

Estes executivos uníronse tamén con outros líderes internacionais na condena contra os abusos que se cometeron en Guantánamo. Perto de 240 presuntos terroristas, incluídos os que planearon os ataques do 11-S, permanecen en prisión. Moitos levan anos entre reixas aínda que non pese ningunha condena sobre eles, e outros foron sometidos a interrogatorios con métodos abusivos.

Os Estados Unidos enfróntanse á resistencia política ao reter a eses prisioneiros en terra norteamericana despois de que Guantánamo se pechase definitivamente, polo que espera transferir algúns destes reclusos a Europa e deixar en liberdade a outros tantos.

Pero a proposta demócrata derivou nunha controversia en Europa xa que os presuntos terroristas terían liberdade para viaxar no interior da UE unha vez aceptados.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río