PUBLICIDADE
Sábado, 13 de marzo de 2010
Preséntanse o xoves
A Biblioteca ESAD de textos dramáticos bota a andar con tres títulos

Redacción .  Camus, O'Neill e Mayorga inauguran esta colección, cuxo fin é achegarlle ao público obras fundamentais do teatro contemporáneo traducidas e acompañadas dun estudo introdutorio previo por parte dunha persoa especialista.

Reloxo 16.03.2009 | 17:11

Os tres primeiros títulos da Biblioteca ESAD Os tres primeiros títulos da Biblioteca ESAD En colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a Dirección Xeral de FP e Ensinanzas Especiais, Editorial Galaxia tira do prelo esta nova colección dedicada a textos teatrais traducidos para o galego.

O volume co que comeza a súa andaina este proxecto reúne Calígula e O malentendido, dous textos fundamentais na traxectoria do Albert Camus dramaturgo. O Nobel de Literatura no 57,autor d'O estranxeiro e A peste, tamén é un dos grandes autores teatrais franceses. De novo volve, nestes textos, sobre os seus temas: o exercicio do poder, a cobiza e a dimensión máis perversa da condición humana, cun tratamento próximo ao absurdo. A tradución é de Inma López Silva.

Precisamente doutro Nobel, Eugene O'Neill (1888-1953), iniciador do teatro realista que caracterizaría a creación dramática dos EUA, aínda que incorporou tamén tendencias como o simbolismo e o expresionismo, poderemos ler A Electra acáelle o loito, traducida por Laura Sáez. O'Neill recupera unha das historias da Ilíada de Homero para trasladala a un país convulso por unha guerra civil, cunha sociedade puritana e tradicional.

Por último, preséntanse tamén, nun mesmo volume con tradución de Xosé Manuel Pazos, tres textos de Juan Mayorga (Madrid, 1965), un dos mellores expoñentes do teatro contemporáneo español, Premio Nacional de Teatro de 2007 e Premio Max ao mellor autor dramático de 2006 e 2008: Cartas de amor a Stalin, Himmelweg e A paz perpetua. Nelas explóranse diferentes rexistros a partir da utilización de variados recursos dramáticos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río