Bocixa/ Raquel Rei . Conseguen mesturar o son do sacho coa electrónica, a videocreación e a performance cos puntos da xota ou da muiñeira, a coroza cos vaqueiros. Non queren recuperar a tradición, senón deconstruíla. Projecto [trepia] son unha das propostas musicais máis interesantes dos últimos tempos. ANT TV estivo con eles.
Projecto [trepja].
Acaban de editar o seu primeiro disco n'A Regueifa, e gañaron o primeiro premio do certame GZ Crea na súa modalidade de música. Influídos polo trío sueco Hedningarna, Mercedes Peón, Ochre, Landau, Matthew Herbert, Galandum Galundaina, Björk, Aphex Twin, e sobre todo polos vellos e vellas que cantaron e tocaron toda a vida, Projecto [trepia] definen o que fan coma "psicofolk" ou "electrotradi". Danza, música e videocreación conviven na escena. Falamos con Xandre (voz e zanfona), Andrea (voz e pandeireta), e Xito (batería).
Descargar Tarifas