PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
Celébranse este domingo
As eleccións salvadoreñas, proba para o talante de Obama

Roberto Mansilla De gañar este 15 de marzo o esquerdista Mauricio Funes, Washington terá que revisar a relación co goberno salvadoreño, o seu mellor aliado en Centroamérica

Reloxo 14.03.2009 | 07:06

Mauricio Funes Mauricio Funes. Luis Galdamez/REUTERS

Aumentan as expectativas políticas de cara aos comicios presidenciais en El Salvador, que se celebran este domingo 15 de marzo, especialmente pola posibilidade de vitoria do ex movemento guerrilleiro Fronte Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) e o seu candidato Mauricio Funes. De ser este o resultado, por primeira vez o país centroamericano tería un goberno de esquerda elixido democraticamente.

A finais de febreiro, a vantaxe de Funes sobre o candidato dereitista Rodrigo Ávila (un ex director de policía agora candidato do partido gobernante ARENA) alcanzou os 11 puntos, rexistrando unha intención de voto próxima ao 50 por cento. Non obstante, e a medida que avanzaba a polarización da campaña electoral, diversas enquisas amosan unha radiografía mais equitativa entre Funes e Ávila.

Para acometer o tramo electoral final, o partido ARENA impulsou unha especie de “fronte común” contra o FMLN, contando cun sistema de alianzas con outros partidos de centro e dereita, como o Movemento Social Cristián e a Alianza polo Cambio. Segundo ARENA, esta alianza foi definida para “salvar o país do comunismo”.

Revisar a memoria histórica

De gañar o FMLN modificaríase sensibelmente o panorama político hemisférico. Desde a perspectiva histórica, a vitoria electoral da ex guerrilla salvadoreña afianzaría os cimentos do proceso de paz e reconciliación que permitiu a fin das hostilidades en 1992. Sería tamén probábel que o FMLN inicie un proceso de revisión da memoria histórica e accións xudiciais contra determinados altos cargos políticos e militares, aínda impunes da súa responsabilidade en violacións contra os dereitos humanos.

Non obstante, existen determinadas perspectivas xeopolíticas e económicas que colocan as eleccións presidenciais salvadoreñas no centro da atención. A semana pasada, unha delegación de 50 congresistas do Partido Demócrata premeu o goberno de Barack Obama para que aprobase unha renegociación dos tratados de libre comercio con países centroamericanos, entre outros.

Tomando en conta a hexemonía electoral de ARENA e a posición pro-estadounidense do actual mandatario salvadoreño Antonio Saca (confirmada até o punto de ser El Salvador o único país latinoamericano con tropas no Iraq), dende Washington semellan non ocultar a súa preferencia polo candidato deste partido, Rodrigo Ávila. Velaí que un grupo de 140 intelectuais e académicos estadounidenses lle enviaron unha carta á secretaria de Estado, Hillary Clinton, para esixir a fin deste apoio e da eventual “guerra sucia” que Washington realiza a favor de ARENA na campaña presidencial salvadoreña.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río