PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
JORQUERA INSISTE NOS ERROS DE COMUNICACIóN DO BIPARTITO
O BNG advirte a Feixóo sobre os 'pelotazos' nas eólicas

Europa Press O coordinador executivo do BNG, Francisco Jorquera, advertiu hoxe ao futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, de que se reabre o concurso eólico para "favorecer pelotazos privados" se atopará "en fronte a oposición rotunda do BNG".

Reloxo 13.03.2009 | 17:30
TAGS: Jorquera , eólicas , BNG , lingua , Feixóo ,

Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso. AGN

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Nunha entrevista na TVG, Jorquera recordou que o concurso eólico se "resolveu con todas as garantías" e considerou "preocupante" que o líder do PPdeG "o quere botar abaixo".

Nesta liña, o responsable político resaltou que "o máis preocupante é que se vaia ao modelo anterior", é dicir, que se retroceda á "revenda de concesións a multinacionais eléctricas de fóra"

"Se a política de Feixóo é volver a ese modelo, o BNG vai facer unha oposición construtiva, pero contundente, para que non se sigan espoliando os recursos do noso país", avisou.

Jorquera sinalou que "se ben fallou a explicación de certas medidas do goberno bipartito, agora hai que ser contundentes para contestar os infundios e mentiras".

Deste modo, o coordinador executivo afirmou que "o bipartito tratou dende o respecto, introducir medidas para promover o galego, que é a lingua que se atopa nunha situación de inferioridade". Neste sentido, avisou o PSOE de que "asumir os argumentos do adversario --sobre unha suposta imposición do galego-- sería darlle a razón".

Por outro lado, sobre a repercusión dos resultados do 1-M nos pactos locais, Jorquera apuntou que sería "un erro" trasladar esta derrota a unha crise nos municipios. "Pódense introducir melloras baseadas no respecto e na lealdade mutua, pero exteriorizar que o problema son as coalicións, é admitir que non hai alternativa ao PP", concluíu.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río