PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
FERRAMENTA PIONEIRA NAS CIDADES PARTRIMONIO DA HUMANIDADE
A arqueoloxía e o patrimonio de Santiago no Google Earth

Redacción .  O Consorcio de Santiago de Compostela vai publicar na internet un sistema de información patrimonial sobre a zona histórica. O servizo, polo momento, só é accesíbel para o persoal do organismo pero abrirase ao público a finais de ano.

Reloxo 13.03.2009 | 12:18

A catedral de Santiago no Google Earth A catedral de Santiago no Google Earth

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Trátase dun programa pioneiro creado ex profeso para Compostela, segundo recolle a Consellaría de Industria, e non se descarta que outras cidades Patrimonio da Humanidade sigan o mesmo camiño. O sistema consiste nunha aplicación web que recolle unha vista aérea da área histórica da cidade en Google Earth e que representa mediante capas datos como expedientes arqueolóxicos, informes urbanísticos, o catastro ou un visor histórico para comparar os edificios en distintas épocas.

Con esta utilidade, as administracións poderán dispoñer de información completa sobre a situación do Plan Especial e a cidadanía poderá acceder á información sobre os inmóbeis á hora de proxectar unha compra ou rehabilitar. Saberán, deste xeito, se nunha determinada zona se realizou algunha prospección arqueolóxica ou rehabilitación, e quen foi a persoa responsábel das mesmas.

En todo caso, os internautas en xeral só poderán acceder á información pública, mentres que os datos relacionados coa xestión documental estarán restrinxidos ao persoal do Consorcio. A información irase ampliando a medida que a fornezan as distintas administracións. Polo de agora, fixérono o Concello e o CSIC e está previsto que se sumen a USC e o Colexio de Arquitectos de Galicia.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río