PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Congreso do PPdeG o 9 de maio
Feixóo: 'Haberá conselleiros que non votaron o PP'

Manuel Vilas O poder dos baróns provinciais como Baltar, en declive dende a chegada do tándem Feixóo-Rueda, culminará nun congreso galego a celebrar a partir do 9 de maio.

Reloxo 12.03.2009 | 19:17
TAGS: Feixóo , PP , Baltar , Rueda , Louzán ,

Feixóo e o presidente da Deputaciónd de Pontevedra, Rafael Louzán, na Xunta Directiva do PPdeG Feixóo e o presidente da Deputaciónd de Pontevedra, Rafael Louzán, na Xunta Directiva do PPdeG. Manuel Vilas Esquerda   1 / 3  Dereita  

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Alberto Núñez Feixóo xuntou este serán a toda a cúpula dos conservadores en Compostela para lanzarlles dúas mensaxes. Primeiro, que o novo Goberno Galego continuará coa renovación coa que logrou limitar o poder dos 'baróns' provinciais. E segundo, que o partido non pode ser o mesmo que a Xunta pois “máis que nunca Galicia necesita dun Goberno de unidade”.

Conselleiros que non votasen ao PP

Así o dixo presidente do PPdeG nunha ateigada Xunta Directiva organizada en Santiago. Nela, Feixóo insistiu que o seu novo executivo “non pode ser o goberno do PP, senón o goberno de todos”. Feixóo teima así no seu anuncio de nomear conselleiros independentes, non afiliados, mesmo persoas que non votasen aos 'populares' este 1M.

E é que o líder conservador aposta por un “goberno de unidade” para afrontar unha crise que non dubida en mostrar en toda a súa magnitude. “É imprescindíbel un Goberno de todos porque a sangría do desemprego afectará a un cuarto de millón de fogares galegos a final de ano”, advertiu.

Fixando o calendario para a marcha de Baltar

Ante os presidentes do partido en Ourense, A Coruña e Pontevedra (Baltar, Negreira e Louzán); o mandatario argumentou que a nova Xunta “non pode ser unha paréntese na renovación do partido”.

Renovación que Feixóo e o seu número dous, Alfonso Rueda, planean culminar nun Congreso a nivel galego que se celebrará o 9 e o 10 de Maio. Despois haberá conclaves provinciais e a intención do aparato do partido é que o de Ourense sirva para escenificar a marcha de Xosé Manuel Baltar, o presidente da Deputación, principal representante do 'sector da boina'.

Fin das ideoloxías en Galicia?

Feixóo xustificou o próximo cambio da cúpula dos conservadores e a chegada de independentes ao goberno nos resultados electorais. Así, indicou que o PP non logrou a maioría absoluta pola campaña, senón por mor da “renovación” do ideario nestes catro anos. Tamén indicou que o electorado xa non escolle entre dereitas e esquerdas ou entre nacionalistas e non nacionalistas. Feixóo asegura que os galegos votan en función dos partidos que ofertan “pasado ou futuro”.

Ademais, advertiu que a experiencia da derrota do bipartito mostra que os executivos que non cumpren coas súas promesas están destinados ao fracaso.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río