PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
Mañá é a quenda de Vigo
2.500 rapaces no Correlingua de Pontevedra

Redacción .  Esta mañá celebrouse no recinto feiral de Pontevedra a oitava edición do Correlingua, que contou coa participación de 2.500 estudantes de educación infantil, de primaria, de secundaria e de educación especial.

Reloxo 13.05.2008 | 13:28

Unha imaxe de arquivo do Correlingua Unha imaxe de arquivo do Correlingua. Xan Carballa

Unha vez máis, o mal tempo non puido coa celebración da cita que dende o 2000 vencella os estudantes dos centros de ensino galegos coa lingua. No canto de desenvolverse na praza da Ferrería, como se viña facendo dende anos atrás, a festa do Correlingua trasladouse á zona do recinto feiral da cidade.

Os máis de 2.500 rapaces que participaron, de educación infantil, primaria, secundaria e especial, proceden de 30 centros educativos distribuídos en 11 concellos dos arredores. Cerca das 10.30 desta mañá, os participantes foron recibidos polo director de programación da Radio Galega, Xurxo Souto.

Despois de correr a favor do uso do galego, os rapaces puideron escoitar o manifesto do Correlingua e presenciaron os espectáculos e actuacións do grupo Chévere e do Xabarín Club, entre outros. Animación, música, xogos... a reivindicación do dereito a empregar o galego en todos os eidos da vida cotiá acompañouse, unha vez de máis, de actividades que lle deron carácter lúdico-educativo á carreira.

Nesta semana o Correlingua chega ao seu fin. Logo de recalar mañá en Vigo, as carreiras a prol da lingua terán lugar o xoves en Monforte de Lemos e máis en Salceda e rematarán o venres en Verín e máis en Ourense.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil