PUBLICIDADE
Sábado, 13 de marzo de 2010
Entre seleccións autonómicas
Galiza debuta no Campionato de España de rugby

Redacción .  A selección galega de rugby desprazouse a Madrid onde esta fin de semana se disputará o Campionato de España de seleccións autonómicas. Galiza enfrontarase no seu debut a Andalucía mañá a partir das seis da tarde.

Reloxo 11.03.2009 | 13:26

A selección galega de Rugby, en xogo. A selección galega de Rugby, en xogo.

Outras catro seleccións aparte da galega e andaluza compiten neste torneo, que se disputará nos campos madrileños de Orcasitas e Puerta de Hierro respectivamente. Os outros catro posíbeis rivais do combinado galego son Madrid, Euskadi, Castela e León e Valencia. Unha vitoria do conxunto da nosa terra no primeiro partido permitiríalle loitar polos primeiros postos. En caso de derrota as cousas complicaríanse máis e todo dependería do segundo enfrontamento, que virá dado en función dos resultados acadados na xornada inaugural.

Para este partido van convocados un total de 27 xogadores, sendo o Vigo Rugby Club o que máis aporta, cun total de oito que son Jon Arrizabalaga, Alberto Fonseca, Francisco Bargiela, Mauro González, Gastón Ibarduru, Alberto Mera, Xavier Anxo Parga e Francisco Usero. Pola súa parte, catro dos compoñentes que forman parte do cadro galego xogan no Ingleses Rugby Club: Xoan Miguel Doval, Gonzalo Fernández, David Riveiro e Xairo Torres.
 
O mesmo número de deportistas proceden do Arquitectura Técnica: Andrés López, Xan Xosé Salgado, Miguel Villarmea e Pedro Vasco. Do equipo de Lalín veñen tres: Alexandre Frade, Xan Folla e Óscar González, metres que do Zalaeta hai dous convocados: Carlos Nelson Morande e Carlos de Cabo Caxiao, a mesma cifra que chamaron do Liceo Frances: David Losada e Antonio Pérez. Pola súa banda Marcos Otero e o representante do Mareantes, en tanto que outros dous xogadores están lonxe da nosa terra coma é o caso de Carlos García-Parrado, compoñente do equipo da Universidade de Málaga e Pablo Enríquez Mexino, que milita nas filas do cadro madrileño do Alcobendas.
 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río