Redacción . Edicións do Cumio presenta o terceiro volume da primeira serie de cómic manga que se traduce ao galego. Nesta nova entrega do autor Kazuma Kodama continúan as aventuras no instituto.
O protagonista desta aventura gráfica do xénero yaoi, Atsushi Arisawa, ten aquí novas experiencias cos seus compañeiros e profesores de instituto. Volverá sobre o seu amor polo seu amigo da infancia, cando viaxan a Noruega logo de quedar vencedores nun torneo de ping-pong. Masami-san aproveitará a viaxe para confesar a seu pai que mantén unha relación con Toru-kon. Aceptará seu pai esta relación? Bícame profe é un manga onde o humor e unha boa dose de tenrura teñen unha importante presenza. Kazuma Kodaka narra unha historia de amor apaixonado e impulsivas decisións que retratan o primeiro amor que marca a adolescencia. Este terceiro volume inclúe os capítulos 10, 11 e 12, amais de dous capítulos extra. Pódese descargar gratuitamente un avance desta obra visitando a páxina web da editorial.
Portada de 'Bícame profe', volume III
Descargar Tarifas