PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
INCLÚE GLOSARIO CON 3.000 TERMOS
Pioneira guía de tradución informática galego-inglés

Redacción .  Dende hoxe é moito máis doado traducir ao galego textos sobre informática ou programas en inglés. E é que Mancomun.org acaba de publicar o “Manual de localización (tradución de software libre ao galego)” que, ademais de dar consellos prácticos de estilo e metodoloxía, inclúe un pioneiro glosario de termos informáticos con máis de 3.000 entradas.

Reloxo 11.03.2009 | 11:00

Xuntanza do G11n, grupo sobre a tradución ao galego de software libre Xuntanza do G11n, grupo sobre a tradución ao galego de software libre. Pedro Figueras Esquerda   1 / 2  Dereita  

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Iso si, este manual non é unha versión definitiva. Trátase dun documento en construción permanente, pois tal como sinala o coordinador de Mancomún.org, o colaborador de ANT Suso Baleato "estamos ante unha obra colectiva e aberta, reflexo do consenso dos distintos axentes que integran a comunidade galega de localización e que irá incorporando as achegas obteñan un grao igual de consenso".

Con todo, o glosario xa recolle  3000 termos en inglés traducidos en 7.000 formas de  equivalencia ao galego –1.015 con dobre saída e 300 con triple saída.

Como traduzo "find"?

Un dos obxectivos fundamentais deste novo Manual é aumentar a cohesión das traducións dos programas informáticos libres, a práctica totalidade dos cales están publicados orixinalmente en inglés.

A miúdo son voluntarios quen se encargan da tradución destas ferramentas –como o navegador Firefox ou o paquete OpenOffice.org. Polo tanto, o Manuel fixa estándares á hora de traducir, por exemplo, “find”  por “procurar”, “buscar” ou “localizar”.

Mancomun.org é a aposta da consellaría de Industria por promover os programas libres en galego. Calquera pode mellorar, copiar, redistribuír estas aplicacións; polo que a súa tradución ao galego é moito máis doada ca dos programas privativos, por exemplo os de Microsoft.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río