PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Festa da filloa da Baña
Unha saborosa tradición: filloas á pedra

Bocixa/ Raquel Rei Rematou o Entroido, pero continúan as festas en toda Galiza, especialmente as gastronómicas: a fin de semana pasada tivo lugar a Festa da Filloa da Pedra da Baña, e alí estivo ANT TV para documentar o proceso.

Reloxo 11.03.2009 | 10:15

A festa da filloa de pedra. Bocixa/R. Rei

Os ingredientes son ben sinxelos: auga, fariña de trigo e ovos. Unha vez que está a masa feita e a pedra de granito quente, pásase o touciño pola pedra e comezan a saír milleiros de filloas. Amais de comprobar como se fan, falamos con Mónica Tomé, secretaria da Asociación Filloas da Pedra da Baña, que reivindica o xeito de facelas propio deste concello.

En poucos lugares queda xa quen faga as filloas á pedra. A tixola, e mesmo máquinas especialmente deseñadas para este fin, como a que funciona en Lestedo (Boqueixón), foron substituíndo á lousa. Segundo nos explica Lola Landeira, as filloas son ben versátiles: poden comerse soas, encherse con mel, nata, chocolate... E tamén chourizo ou rixóns.

A pedra é un sistema de cociña tradicional que permite cociñar todo tipo de viandas, como explica Xosé Manuel Mañón, que impartiu un curso de degustación de cociña á pedra. É xa tradicional na comarca da Barcala a carne á pedra. A asociación publicou o libro Receitas con filloas, na colección "A lume lento" da Editorial Alvarellos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río