Redacción . Un policía morreu esta noite a consecuencia dun tiroteo rexistrado na localidade de Craigavon e reivindicado polo IRA de Continuidade. O asasinato dispara todas as alarmas en Irlanda do Norte, xa que se produce só dous días despois da morte, nun atentado doutra facción disidente do Exército Republicano Irlandés, de dous soldados británicos no Ulster.
O policía asasinado participaba xunto a outros axentes nunha patrulla non ordinaria que estaba a investigar posíbeis actividades de paramilitares na zona, segundo informaron fontes policiais de Irlanda do Norte. O suceso prodúcese apenas dous días despois de que un atentado reivindicado polo IRA-Auténtico terminase coa vida de dous soldados británicos en Massereene, condado de Antrim. O primeiro ministro do Reino Unido, Gordon Brown, desprazouse até o lugar para reivindicar que estas últimas mortes non freen o aparentemente consolidado proceso de paz.
Localidade de Craigavon
Descargar Tarifas