PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Perpetrouse contra unha base militar
Morren dous soldados nun ataque en Irlanda do Norte

Redacción .  A noite do sábado, dous soldados morreron nun ataque perpetrado contra unha base do Exército británico de Irlanda do Norte.

Reloxo 08.03.2009 | 11:34

Camións do Exército en Belfast Camións do Exército en Belfast Outros dous militares e dous civís resultaron feridos no atentado do sábado na base de Massereene, a uns 25 quilómetros ao norte de Belfast. Os catro feridos graves foron trasladados a un hospital próximo, mentres se puxo en marcha unha ampla operación de seguridade na zona que rodea os barracóns.

Polo de agora, descoñécese a autoría do ataque e ningún grupo. Un portavoz do Ministerio de Defensa do Reino Unido explicou que o tiroteo foi efectuado por descoñecidos que se aproximaron á base nun automóbil e que se deron á fuga.

O ministro británico para Irlanda do Norte, Shaun Woodward, condenou o tiroteo ao cualificalo como "acto de barbarismo criminal", á vez que manifestou o seu apoio ás familias de "aqueles mortos e feridos neste ataque mortífero".

O ataque tivo lugar un día despois de que o xefe do PSNI (a policía da provincia), Hugh Orde, advertise de que o risco de ataques de paramilitares disidentes sitúase no seu nivel máis alto desde que hai sete anos.

O Exército puxo fin en agosto de 2007 ás súas operacións na provincia, onde chegou en 1969 para apoiar a Policía debido ao aumento da violencia polos enfrontamentos entre católicos e protestantes, unha situación que durou máis de trinta anos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río