A partir do 19 de xullo principiará a súa aventura por terras desérticas que os levará a capital do vello imperio mongol, Ulan Bator, introducíndose así nas entrañas dun dos países máis descoñecidos do mundo e que se encontra a cabalo de China e fronteirizo con Siberia, no que constitúe un dos terreos máis áridos e agrestes do planeta. Para levar a cabo esta aventura os tres pilotos da nosa terra, que participan baixo o nome da escudaría Motor de Filloas, contan con vehículos que non poden superar os 1.200 centímetros cúbicos de potencia.
Segundo David Rodríguez, serán unhas catro semanas as que dure esta curiosa competición, onde atravesarán as zonas máis espectaculares dos países máis pobres de Europa, entre eles Bulgaria, Turquía, Asía Menor e meterse na zona caucásica que divide aos dous continentes. Curiosamente, entre as partidas económicas que se ven na obriga de levar é unha destinada a “subornar” aos axentes de aduanas deses misteriosos países, entre eles Kazajistán, Turkmnenistán e un sen fin de estados de curioso nome ou cando pintoresco que foron aparecendo a raíz da disolución definitiva da antiga Unión Soviética.
Este curioso rallye trata de evitarse que sexa un viaxe organizado e por se fose pouco os pilotos, ademais de meterse por misteriosas estradas que verdadeiramente conducen ao terceiro mundo, non contan con ningún tipo de apoio. Carecen de grupos técnicos e por suposto dun “coche escoba” polo que a aventura é completa, que é o principal obxectivo dos participantes nesta curiosa carreira.
En canto aos equipos que salgan cara a terras do máis profundo interior asiático, agárdase que vaian a redor dun cento. Moitos deles sairán doutros países, principalmente Inglaterra e Italia, sendo Milán o punto de partida deste último Estado.
A elección da data non é casual. Elixiron o verán porque si se fai noutras épocas do ano as temperaturas de Mongolia poden acadar nada máis e nada menos que 22 graos baixo cero. Ademais este país de pouco máis de dous millóns de habitantes é un dos máis pobres do mundo, amen de ser dos máis descoñecidos, aínda que xa se observa certo despegue económico.
Por se fose pouco, as desigualdades son moi notorias e as dúas ONGS as que se proxecta recadar fondos: Merci Corps e Cristina Noble, están especialmente adicadas á infancia, xa que nese país da Asia máis profunda e recóndita moitos dos pequenos vense na obriga de durmir nos sumidoiros. A todo elo, engádese a diseminación da súa poboación por un estado de case dous millóns de quilómetros cadrados, nos que predomina o nomadismo. É curioso presenciar coma este xente, propia doutro século, intercala a súa vida no medio de postes da luz en pleno deserto do Gobi, mentres presencian nas súas televisións portátiles a final de calquera evento mundial.