Redacción . A Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago (USC) acollerá o xoves e o venres un nova edición da 'Install Party' de Linux.
Presentación do Galinux, o Linux que fala galego.
A xornada, organizada pola Asociación de Usuarios de Linux da USC, desenvolverase entre as 12.00 e 14.00 horas na Aula 18 das instalacións que a escola ten no edificio Monte da Condesa, no campus sur compostelano. O taller, impartido por membros da citada asociación, consiste na instalación segura da plataforma Linux nos equipos dos asistentes, de maneira que, ao final da actividade, teñan un sistema operativo plenamente funcional, con todo tipo de aplicacións libres.
Descargar Tarifas