Redacción . A Coalición Financeira Europea contra a Difusión de Imaxes de Abuso Sexual de Menores a través de Internet, na que participan entre outros Visa, PayPal e MasterCard, contará con 472.000 euros de fondos comunitarios para financiar as súas actividades co fin de confiscar os beneficios procedentes do comercio de imaxes de pornografía infantil.
Esta Coalición Financeira Europea é un grupo público-privado no que participan autoridades policiais como Europol e a Policía nacional Italiana Postal e de Comunicacións, axentes financeiros e provedores de servizos da rede, entre outros. O obxectivo final desta coalición é confiscar os beneficios procedentes do comercio de imaxes de pornografía infantil. Con esta iniciativa impedirase a compra deste tipo de material mediante tarxetas de crédito e outros sistemas de pago electrónico. Este grupo tamén colaborará na identificación e protección das vítimas, así como a localizar e arrestar aos delincuentes, xa sexan pederastas ou aquelas persoas que obteñan beneficio económico da venda de imaxes de menores. A coalición está dirixida polo Centro Británico para a Protección en Liña da Infancia e conta a súa Explotacións (CEOP en inglés) e conta entre os seus fundadores con empresas como MasterCard, Microsoft, Paypal, Visa Europa e a Ong Missing Children Europe. A este grupo sumáronse recentemente o bufete Allen and Overy e o Centro Internacional para a Loita contra a Explotacións e a Desaparición de Nenos (Icmec).
Descargar Tarifas