PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Do resultado das eleccións
Jorquera: 'É un erro grave que o PSOE culpe o BNG'

Redacción .  O portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Francisco Jorquera, admitiu hoxe que a derrota do bipartito galego nas eleccións do 1 de marzo é 'un fracaso' pero advertiulle ao PSOE de que é 'un erro grave' culpar os nacionalistas sen asumir a responsabilidade propia.

Reloxo 03.03.2009 | 14:45

O voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jorquera O voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jorquera. Pepe Ferrín / AGN

En declaracións no Congreso, Jorquera indicou que é prematuro determinar como lles afectará os resultados do Euskadi e Galiza aos equilibrios parlamentarios no Congreso pois considera que, "en política, sacar conclusións en quente nunca é bo".

Ao seu xuízo, primeiro haberá que ver que lectura fai o PSOE deses resultados e como poden afectar á política estatal, pero tamén indicou que o BNG fará as súas propias reflexións.

Preguntado polo feito de que o PSOE responsabilice os nacionalistas de que o bipartito non convenza os electores, Jorquera indicou que "en política é un erro grave eludir as propias responsabilidades" e que "entrar nunha espiral de botarse a culpa mutuamente é unha actitude moi pouco seria".

“Conscientes dos erros”

"Na medida de que non se revalidase a maioría de goberno é un fracaso, loxicamente, e así temos que admitilo, independentemente de factores que incidiron nesta campaña", recoñeceu.

"Nós sabemos que temos a nosa cota de responsabilidade, somos conscientes de que cometemos erros e imos iniciar un proceso acougado de reflexión de cara a rectificar o que se estime conveniente. Sería bo que o PSOE fixese a mesma lectura no canto de intentar transferirlles a outros responsabilidades propias", concluíu.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río