PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
ATÉ O CONSELLO DENTRO DUN MES
Quintana segue polo de agora como líder do BNG

Manuel Vilas A Executiva, salvo Beiras, arróupao ante os medios na decisión de debater primeiro sobre os novos obxectivos e despois sobre os mandatarios.

Reloxo 02.03.2009 | 19:23

Quintana valora a derrota electoral do BNG e o seu futuro como voceiro nacional. AGN Esquerda   1 / 3  Dereita  

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
“Antes de decidir quen o debe facer, debemos definir que é o que debemos facer”. Así define Anxo Quintana a estratexia inmediata do BNG tras a derrota electoral do 1M. O portavoz nacional desbota a súa dimisión a curto prazo pero abre as portas a un Consello Nacional no que a cúpula nacionalista será cuestionada.

Nunca tantos medios ateigaran a sede nacional como na tarde deste luns en Santiago. E é que os rumores sobre unha posíbel dimisión de Quintana medraban a medida que se prolongaba o seu silencio tras o 1M. O político sabíao, polo que en seguida aclarou que “eu como voceiro nacional estarei suxeito a esa reflexión, como non podía ser doutro xeito”.

Ausencia de Beiras

“Tedes que perdoar que non vos dea esa noticia”, ironizou Quintana ante a expectación sobre a súa marcha. Preguntado se no Consello Nacional habería cambios, o líder admitiu que “todos imos estar suxeitos ao que o Consello decida respecto as equipas”. Fontes do Bloque adiantan que este importante encontro será no prazo dun mes.

Ao de Allariz déronlle o seu apoio ante a prensa a práctica totalidade da Executiva Nacional. Alí estaban Carlos Aymerich, Alberte Ansede, Paco Rodríguez, Ana Pontón, Francisco Jorquera e Roberto Mera, entre outros. Mesmo Ánxela Bugallo, desbotada das listas electorais, acompañou o voceiro nacional. Quen non o fixo foi Xosé Manuel Beiras, ex-voceiro nacional, quen tampouco participou na Executiva.

Quintana alega erros de comunicación como causa da derrota
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

O líder do Bloque admitiu que os de onte "son un malos resultados sen paliativos". Preguntado polos motivos da caída do BNG, o mandatario nacionalista explicou que "non fomos capaces de transmitir a labor de goberno". 

En ningún intre admitiu error concreto algún, mais insistiu en que agora o Bloque reflexionará sobre as causas e, sobre todo, tentará definir novos obxectivos. O vicepresidente da Xunta admitiu que a crise favoreceu a proposta de cambio do PPdeG, que el cre inadecuada para Galicia.

Cuestionado sobre a ausencia dunha resposta máis dura aos ataques persoais dos conservadores contra el, Quintana negouse a responder máis alá de que “nós respondemos contudentemente pero educadamente”. En todo caso, Quintana aposta por pasar folla e non volver a avaliar os erros da campaña, senón o camiño por diante.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río