PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
BLOG XABIER CID
Xabier
Cid
Xornalista
ELECCIÓNS DO 1 DE MARZO
John Moore, as eleccións e os meus amigos
De como John Moore se interesa polos resultados das eleccións de marzo, da interpretación que fai e do que pensa dos partidos galegos. Tamén algunhas cousas que di sobre os obxectivos de gobernar e do traballo que queda pendente.
 02.03.2009 | 13:00

Cando vén John pola casa aínda se contan os últimos votos. Quedamos na casa porque os pubs con wifi non son moitos nesta vila. E eu tiña bebida na casa, tanto pra gañar como pra perder. Pero cando chega atópame un tanto debruzado, un tanto entristecido.

—Que mal tes? Tan horribles foron os resultados?

—Non, os resultados non foron tan horribles. Nalgúns aspectos foron bos. Pero dánme pena os meus amigos... e miña mai, que se xubilará nunha administración conservadora, e seguro que ela preferiría outra cousa.

John pregúntame cousas que, naquel momento, a min me parecen absurdas. Pregúntame polos 41.000 votos nulos e en branco. Pregúntame por ese Partido por un Mundo máis Xusto e de onde apañaron os 3.000 votos. Eu malamente sei responderlle: "supoño que calquera pode votar un partido que queira un mundo máis xusto, non?". Pero si, o caso é que aí están. Tamén me amosa gráficas de concellos costeiros onde parece como se os votos do BNG de 2005 pasasen ao PP en 2009. Pregúntame se iso é posible, e eu contéstolle que se mo din hai tres días, diría que non.

Tamén me pregunta por Touriño e por Quintana.

—Xa dimitiron?

Touriño si, pero polo de agora, Quintana non. Pero John, ti cres que é culpa deles?

—Home, algo de culpa han de ter. Terán que deixar paso a xente nova. Pero nova de verdade. Aínda que iso vai ser o máis difícil...

—Por que?

—Porque quizais teñan que dar paso a partidos novos. A Galicia de 1990 non é a Galicia de 2015. E que che fai pensar que dúas organizacións que non souberon de onde lles viña o pau vaian actuar agora dunha forma intelixente?

—Si...

—Sempre hai un Cayo Lara pra enterrar un Llamazares.

Non podo deixar de rirme un pouco con esta frase. Pero supoño que ten razón. E pouco a pouco, con preguntas absurdas e frases coma esta, John vaime levantando a ledicia. Pero ao cabo volvo pensar nos meus amigos, en miña mai.

—Aos teus amigos escolléronos pra gobernar catro anos, non pra recuncar despois. Supoño que se dedicarían máis a gobernar do que a recuncar, non? Pois daquela que mal ten? Traballaron bravamente catro anos e poden estar orgullosos.

—Si, pero este resultado di que a xente non quedou a gusto con eles.

—Se eles fixeron todo o que puideron, aí está. E o que quedou por facer, xa se fará, ou xa o farán outros. Ou xa o faremos entre todos. Bueno, eu non, que eu estou morto.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río