PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
BLOG ANA MIRANDA
Ana
Miranda
Política
Profundidades
 27.02.2009 | 05:14

Di o diccionario que profundo-a pode ter moitos significados. Por exemplo, que ten unha dimension determinada, unha distancia do fondo á superficie, unha gran penetracion de espirito, ou do que toca o esencial, o segredo, un alto valor en sentido figurativo, intensidade ou tamén que indica a mentalidade dun pais, as tendencias dun pobo, etc...

Estes dias Galiza celebra unha feira turistica, trátase do evento Galician Elections. Moitos europeos desta beira, preguntáronme se podían vir, porque vían que o acontecemento estaba animado, e que podia ser un experimento de tendencias de cara as vindeiras eleccions europeas. Desanimáronse, cando viron que para chegar fai falla coller dous avions, e que costa case o dobre que chegar a outros lugares equidistantes. Profunda distancia, din os meus colegas. Mais tivemos visitantes dabondo, vindo de terras do resto do Estado, porque os dias previos, tivemos outro acontecemento extraordinario, de tipo deportivo, concretamente paracaidismo. Caíron do ceo, da terra e do mar, por todas partes chegaron, para ver esta terra profunda. Lembroume a reportaxe do extraterrestre de Rivas. Ou as 20.000 leguas de viaxe submarino de Jules Verne. Gostaron moito da nosa terra, que repiten, algúns até voltan o domingo, e outros como algún socialista  xa non marcharon.

E que a nosa terra, que bonita é, con esa linguaxe musical, asi que falamos uns poucos, como rara especie, esa nosa terra que parece ser un viveiro gastronómico para estas personaxes. Subiron por montes e coutos, por carballeiras, percorreron dunas e cidades. E ali estabamos, ali víronnos aos galegos profundos. Eses mesmos que pagan impostos, que gañan menos comparativamente, que deron remesas abundantes durante anos dos nosos emigrantes ao Banco de Espana, eses mesmos que pagaron mais enerxía excedentaria que o resto do Estado, os que abastecen dese peixe que tanto lles encanta, eses mesmos aos que lles custa moito máis ter un servizo social, acceder ao seu pais, ou ter un servizo de correos regular; eses mesmos que producen e exportan, .... 

Mal informado estaba o portavoz internacional Moragas polo seu xefe, pero claro, está máis ocupado en ver como provocar a diplomacia internacional, que por certo a nós recíbenos sempre e moi ben, como pasou en Cuba, ou ao seu colega Herrero recentemente en Venezuela. O seu curso de paracaidismo foi tan básico que non lle deu tempo, e asociou profundidade a atraso. Ten toda a razón. Temos atraso, atraso estructural porque non se nos respeita, porque non se cumpliron os compromisos que por poboación nos corresponde, é unha discriminacion histórica duradeira. E niso tamén imos ser profundos este domingo, indo a votar, para esixir con voz propia e auténtica eses dereitos concedidos por lei e moitas veces sacados á luz por nós mesmos, porque os paracaidistas so queren resultados cuantitativos para as suas estadisticas con vistas a Madrid, mais logo, da parte cualitativa, de negociar orzamentos, e de esixir o seu cumplimento, diso, que se encargue o BNG, como dixo algunha vez algún ex presidente galego.

Por iso, hoxe mais que nunca eu tamén me considero unha galega profunda, que xa votou para que non volten os paracaidistas a decirnos o  que debemos facer e a infravalorarnos, para que nos deixen vivir e decidir como queremos, para que nos deixen ser solidarios con nós mesmos e co resto do mundo, para que non nos acosen e manipulen como estes dias. Somos nación e o domingo imos demostrar que non podemos aceitar todo este espectáculo, a democracia e o noso futuro é algo mais serio.

Marcho, que dende Bruxelas as Travesas, ainda me queda un bo camiño para chegar hoxe ao meus pais profundo, esencial, intenso, noso.

 

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río