Redacción . O sector editorial galego participa cun stand promovido pola Consellaría de Cultura e a Asociación Galega de Editores (AGE). Neste espazo debaterase sobre xornalismo e literatura.
A XXVII Feira Internacional do Libro Liber 2009 conta dende onte e até o venres con todas as novidades editoriais do continente europeo. Esta mostra, un dos eventos europeos máis importantes do sector, ten unha importante presenza galega. O stand oficial da Xunta, compartido coa Asociación Galega de Editores, conta coa presenza de 24 editoriais galegas. Neste espazo os visitantes poderán coñecer as últimas novidades do mercado editorial galego a través de mesas redondas, coloquios e un amplo programa de actividades. O acto central do stand galego terá lugar mañá, xoves. Os escritores Luísa Castro, Carlos G. Reigosa, maría Canosa e Xosé Carlos Caneiro, participarán nunha mesa redonda sobre xornalismo e literatura na Sala 21 do recinto feiral Ifema. Promovida pola Federación do Gremio de Editores de España, Liber é a meirande plataforma de negocio da industria editorial española e latinoamericana e un punto de encontro para estabelecer contactos e descubrir todas as posibilidades que os mercados emerxentes internacionais ofrecen ao seu negocio. Nesta cita, que este ano ten como país convidado a Rusia, participan máis de 700 editoriais e empresas de 16 países. A promoción editorial galega en Europa continuará entre o 14 e 18 de outubro na Feira Internacional do Libro de Frankfurt.
O stand galego promocionado pola Consellería de Cultura e a AEG.
Plataforma de lanzamento
Descargar Tarifas