PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Nunha foxa común
Buscan os restos de Publio Cordón en Francia

Redacción .  A Garda Civil busca o cadáver do empresario Publio Cordón en Francia, o empresario secuestrado polo Grapo hai máis de 13 anos en Zaragoza. Fernando Silva Sande, dirixente da banda e encargado de organizar o secuestro, confesou dende o cárcere que os restos do empresario xacen nunha foxa que membros dos Grapo cavaron aos poucos días do secuestro.

Reloxo 24.02.2009 | 15:33
TAGS: Silva , Sande , Grapo , Publio , Cordón ,

Entrega de Fernando Silva Sande, detido en París no ano 2000 Entrega de Fernando Silva Sande, detido en París no ano 2000. MIR

A Garda Civil busca dende o pasado mes de novembro en Francia o corpo do empresario Publio Cordón, a raíz dunha confesión efectuada dende o cárcere polo seu asasino, o membro do Grampo Fernando Silva Sande, quen revelou o sitio onde poderían estar enterrados os restos do empresario, confirmaron hoxe fontes xurídicas.

Segundo recolle elEconomista, o xuíz da Audiencia Nacional Fernando Grande Marlaska, encargado da instrución do sumario sobre o secuestro, reabriu a instrución a raíz desta revelación do terrorista e declarou o segredo das actuacións.

O maxistrado declarou o segredo de sumario, polo que non se pode acceder aos detalles das investigacións. Sande, como ex xefe dos comandos do Grapo e partícipe directo no secuestro, foi condenado pola Audiencia Nacional en decembro de 2007 a 28 anos de cárcere.

Morte "accidental"

Silva Sande asegura que soterrou o empresario soriano, despois de que falecera de forma accidental ao tirárense pola fiestra do inmóbel onde estaba secuestrado en Francia, segundo informa a Cadea Ser.

De acordo coa súa declaración, a Publio Cordón secuestrárono en Zaragoza, trasladárono a Francia e escondérono nunha vivenda situada no Mont Ventoux, unha montaña da rexión da Provenza no sueste de Francia. Publio Cordón tentou fuxir dos seus captores e lanzouse por unha ventá morrendo no acto, o que levou aos coidadores a enterrar o cadáver.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río