Redacción . Corea do Norte vén de anunciar que se está preparando para lanzar un satélite nun dos seus foguetes.
King Jong-il, líder norcoreano
O anuncio, que desestabilizou os mercados financeiros de Corea do Sur, prodúcese tras semanas de liorta retórica desde Pyongyang dirixida contra o Goberno conservador en Seúl e advertencias de que a península coreana estaba ao bordo da guerra.
Se o lanzamento é exitoso, Corea do Norte tería un mísil cun rango máximo estimado de 6.700 quilómetros, deseñado eventualmente para transportar unha oxiva nuclear que podería facer impacto en territorio dos Estados Unidos, pero non nos 48 países contiguos, segundo analistas. Analistas ven o feito como unha ameaza de seguridade directa aos Estados Unidos por parte de Corea do Norte.
Expertos en proliferación nuclear dixeron que Pyongyang, que probou un artefacto nuclear en 2006, non ten a tecnoloxía necesaria para fabricar unha arma suficientemente pequena para montala como unha oxiva.
Nas últimas semanas, Corea do Norte defendeu que ten o dereito a desenvolver un programa espacial que estea centrado nun foguete de etapas múltiples, coñecido fóra do país como Taepodong-2.
Corea do Norte sorprendeu a rexión cando lanzou un mísil Taepodong-1 sobre o Xapón no 1998. Pyongyang dixo nesa ocasión que lanzara un satélite. Corea do Norte probou por última vez o Taepodong-2 no 2006, cando este voou durante uns segundos e estalou en menos dun minuto. O mísil está deseñado para chegar até Alaska.
Descargar Tarifas