Eva Estévez . Xa é posíbel comprar verduras frescas e cultivadas con criterios ecolóxicos pola internet. Daiquí é pioneira na oferta de venda directa veiga-casa.
Un grupo de agricultores de Rairiz da Veiga, practicantes da agricultura ecolóxica soubo aproveitar o potencial das súas terras co das novas tecnoloxías para sacar ao mercado unha importante variedade de froitas e verduras ecolóxicas frescas, e poñelas ao alcance dos fogares sen intermediarios, tratando directamente co consumidor. A través da páxina www.daiquí.com, esta agrupación de labregos pon a disposición dos fogares unha extensa listaxe de froitas, verduras e legumes frescas, todas elas con certificado ecolóxico que se recollen segundo pedido. Mazás, acelgas, berenxenas, grelos, porros, patacas, fabas, castañas, repolo, son algunhas das variedades do catálogo de Daiquí, que recolle os pedidos vía telefónica no 988 302 171 ou polo correo electrónico daiquiourense@hotmail.com e que fai as entregas nun máximo de 48 horas. Para abaratar custos o recomendábel é facer grandes pedidos polo que Daiquí aconsella formar grupos de compra ou puntos concertados de entrega.
Web de Daiqui
O catálogo de Daiquí tamén ten froitas e verduras envasadas, viños ecolóxicos, marmeladas e até unha liña de hixiene e limpeza persoal.
Descargar Tarifas