Europa Press . O Banco Pastor lanzará nos 'próximos días' unha emisión de 1.000 millóns de euros en bonos co aval do Estado, segundo indicaron fontes da entidade a Europa Press, co que o banco galego se converte así na quinta entidade en emitir con este tipo de garantías.
O banco está actualmente a "preparar a emisión", que xa anunciou o seu presidente a pasada semana durante a presentación dos resultados, aínda que os detalles aínda están por definir, segundo explicou a propia entidade. A entidade emitirá con toda probabilidade bonos a tres anos e a emisión será colocada no mercado pola propia entidade e BNP Paribas, HSBC, JP Morgan, 'a Caixa' e BBVA, segundo fontes do sector consultadas por Europa Press. Banco Pastor ocupa o sexto lugar na lista de entidades que poden emitir co aval do Estado, por detrás de La Caixa, Caja Madrid, Banco Popular, Banco Sabadell e Bankinter. Até o de agora, o único que non saíu o mercado con débeda garantida foi o banco catalán. Bankinter colocou onte no mercado a súa emisión de 1.500 millóns de euros en bonos a tres anos, que se suman aos 5.500 millóns de euros colocados en conxunto po r La Caixa, Caja Madrid e Banco Popular.
Sede do Banco Pastor en Vigo
Descargar Tarifas