PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
BLOG ANA MIRANDA
Ana
Miranda
Política
Sectarios da lingua na Eurocámara
Onte foi debatido e votado con gran tensión na Comisión de Cultura e Educación do Parlamento Europeo, o proxecto de relatorio sobre Multilingüismo para Europa, do político e intelectual portugués do Parlamento europeo Vasco Graça Moura. Xurdiu unha polémica importante, que xa se via vir no periodo precedente da presentación de emendas.
 18.02.2009 | 12:43

Luis Herrero Luis Herrero

Nós, os nacionalistas, galegos, vascos e cataláns do BNG, EA, PNV e CiU, asi como o sempre deferente cara á cuestión nacional Raül Romeva de Iniciativa per Catalunya-Els Verds, tiñamos claro que habia cuestións desenfocadas que habia que matizar. Asi foron propostas numerosas emendas, incluída a de suprimir o parágrafo 8, salvagardar a posibilidade dos pais e encargados de educación a escoller a lingua oficial na que deba procesarse a educación dos fillos nos países onde coexisten unha ou máis linguas oficiais ou unha ou máis linguas rexionais. Gustaríame saber a opinión de Daniel Varela, eurodeputado galego do PP pola actitude do seu colega de filas, o irrevente Luis Herrero, desesperado por ir na lista ás eleccións europeas e abandeirado de todos os fanatismos como exemplo da antidiplomacia mínima en cuestións internacionais, ao defender onte causas como a cruzada de xenreira contra o dereito a educar na lingua propia. Mais este informe non é vinculante, e aínda poden apresentaranse emendas para que non pase con esta redacción na sesión plenaria da Eurocámara.

As políticas lingüísticas decídenas os lexislativos e o executivos, elixidos pola cidadania, e polo tanto, nais e pais e educadores como parte da cidadania debemos ser consultados –xa o somos na urnas–  e nos debates sobre este tipo de cuestións, máis a educación debe ser xeneralista, e en función das necesidades do interese xeral. E en Galiza era urxente e necesario implantar o sistema de educación existente, era unha cuestión trascendental, identitaria e de supervivencia da lingua, mais sobre todo era un dereito colectivo, e os dereitos, aínda que se citen, se non se aplican e recoñecen, non serven de nada. Quen pense que educar na lingua propia non abre portas ao mundo, vive nun erro, e dígoo con todos os respectos de vivilo diariamente. Non imos ser nós quen nos opoñamos a non usar outras linguas, cada quen fai escolla. Pero cando se fala de educación, entramos no rol dos dereitos colectivos. A tensión unilateral que se está a incitar en Galiza, amparada polo PP, non valorou o interese xeral senón o dunha minoría que minusvalora e corporativiza un tema en función do seu único interese.

Cando nos roubaron o escano europeo, pasei unha tempada indo e vindo, entre Bruxelas-Vigo-Santiago, no que tiña a miña filla en dúas gardarías, un mes en cada lugar. Mudaba de linguas de xeito asombroso. Ao procurar praza alá preguntei nun centro se falaban galego e a directora respostoume contundente, "pero mujer, tú que vienes de la emigración, tienes que saber que el gallego no vale para nada y sólo se habla en las aldeas". En lugar de enfadarme, que seria o habitual  e erguerse e marchar ante unha actitude tan limitada, empecei a explicarlle razóns, vivencias e argumentos. Pois considero que mentres outros exclúen, debemos facer ainda maior esforzo de cordialidade e xenerosidade sen pausa. Firmes nas ideas e doces coas persoas, malia a súa actitude, nese Petit pays que non se quere a si mesmo.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río