Redacción . 'Em terra de ninguém' é o título do agardado debut discográfico de Som do Galpóm, os gañadores da pasada edición de Nsaio no Camiño. O disco estará na ría o 17 de marzo e irá acompañado dunha xira por todo o Estado.
Os da Moniña xa teñen disco. Levará por título Em terra de ninguém e sairá a rúa o 17 de marzo. Os autores de 'Na cama', un dos hits do pasado ano, escolleron A Casa de Tolos, o estudio dirixido por Segundo Grandío, para gravar un debut que está a xerar moita expectación entre o público e a crítica tras facerse co primeiro premio da pasada edición de Nsaio no Camiño. Nel recuncan na fórmula coa que se deron a coñecer: por unha banda, a fusión do funky, do reagge e do rap, e, por outra, o feito de facelo todo cos seus propios instrumentos. Gael, Brais, Xurxo, Aitor e Jano preparan ademais unha xira de presentación que os levará por diferentes lugares da península amosando o seu novo repertorio, do que xa se pode escoitar un adianto na súa páxina web.
Som do Galpom en directo
Descargar Tarifas