PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
BLOG JAVI VAZQUEZ
Javi
Vázquez
Emprendedor en TIC
A voltas coa campaña pola despenalización do top manta
O top manta e as gasolineiras de Camela
O 12 de febreiro, un conxunto de vendedores, artistas, avogados e xuristas celebrou sendas manifestacións en Madrid e Barcelona solicitando a despenalización do top manta, a venda de discos e artigos de imitación, ou “piratas”, na rúa.
 16.02.2009 | 12:14

A campaña pola despenalización do top manta esgrime o dereito a supervivencia dos inmigrantes sen papeis a través da venda ambulante nas rúas, denunciando o abusivo dos seis a 12 meses de cárcere e as elevadas multas do Código Penal vixente.

Aínda non sendo experto en leis, paréceme obvio que as penas citadas incumpren o necesario principio de proporcionalidade do Dereito Penal, xa que hai incluso delitos co agravante da violencia con menor castigo. Polo tanto, vaia por diante o meu apoio a modificación do Código Penal.

Con todo, chama a atención escoitar a algúns artistas pedir a despenalización, para permitirlle aos sen papeis seguir vendendo música e películas na rúa, ao mesmo tempo que tachan de “ladróns” aos usuarios do P2P que baixan os mesmos contidos da Rede...

En lugar de intentar analizar o porqué dese aparente paradoxo, gustaríame aproveitar esta entrada para relacionar un artigo de Chris Anderson en Wired coas cintas de Camela nas gasolineiras. Si, si, non tomei drogas nin nada, lestes ben: Wired e Camela.

En Free! Why $0.00 is the future of business (páxina 5), Chris Anderson conta entre outras a experiencia da brasileira Banda Calypso, a cal cede a súa música a vendedores ambulantes para que estes a distribúan e queden co cento por cento dos ingresos derivados.

O obxectivo non é outro que chegar coa súa música até o último recuncho, aumentar a súa popularidade e, logo, ter ateigados os concertos. E polo visto non lles vai mal, van de actuación en actuación no seu jet privado...

Non sei se os de Camela teñen avión propio, pero o feito de dar a coñecer a súa música a través das gasolineiras deu pé a súa popularidade e posterior éxito de vendas.

Aproveitando a citada campaña e as novas relacións dos artistas cos colectivos de sen papeis, ¿por que non poderían ser os “manteros” as novas “gasolineiras de Camela” dos artistas interesados? Trocar inmigrantes ilegais en axentes de difusión cultural...

O que MySpace e as webs de P2P son ao mundo dixital, poderían selo os vendedores ambulantes (os cales chegan as veces incluso onde non hai Internet), ao físico: un canal de distribución e escaparate para artistas interesados en vivir dos seus concertos, e non da venda de CDs nin do canon da SGAE.

Que vos parece? Idea tola ou proposta factíbel?

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río