PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
No estado de Nova York
Polo menos 49 mortos nun accidente aéreo nos EE UU

Redacción .  Polo menos 49 persoas morreron como consecuencia do accidente dun avión que se estrelou este venres na localidade de Buffalo, no norte de Nova York. Segundo as primeiras informacións, os falecidos son 44 pasaxeiros, catro membros da tripulación e unha persoa que se topaba en terra.

Reloxo 13.02.2009 | 08:05

Imaxe do accidente, no estado de Nova York Imaxe do accidente, no estado de Nova York. Gary Wiepert/Reuters

Un representante do condado de Erie, indicou que se trata do voo 3407 da compañía Continental Airlines, que se estrelou ás 22.20 hora local (03.20 GMT) na localidade de Clarence (Estado de Nova York), uns cinco minutos antes de aterrar no aeroporto de Buffalo.

Segundo informa elEconomista, como consecuencia do impacto, producido contra unha vivenda, orixinouse un tremendo lume ao redor da aeronave que levaba a bordo 48 pasaxeiros. Os efectivos desprazados ao lugar do impacto evacuaron unhas doce casas próximas e atenderon varias persoas feridas.

Causas descoñecidas

O aparello cubría a ruta desde Newark (Nova Yersey) a Buffalo, cando por causas descoñecidas se estrelou contra unha vivenda. A Policía sinalou que só unha persoa se atopaba na casa cando se produciron os feitos. Así mesmo, as autoridades abriron un teléfono de información para atender as familias das vítimas.

O avión, da firma canadense Bombardier Dash 8 Q400, tiña capacidade para máis de sesenta pasaxeiros, segundo confirmou Bill Peat, dos Servizos de Urxencias do estado de Nova York.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río